19 de xuño de 2017

Programación final de curso

Rematamos o curso cunha semana mooooiiii viaxeira, deixámosvos o programa para que non vos perdades nadiña de interese.



Making Friends by wendholin

13 de xuño de 2017

Remate do curso...

E colorín colorado este curso está, casi, rematado....


Rematámolo cunha exposición dos cadernos viaxeiros, para que non queden esquecidas nun caixón as marabillosas aportacións das familias.







Fixemos recopilación dos libros máis lidos este curso.






E por primeira vez daremos un agasallo ás tres rapazas máis lectoras deste curso.




 Noraboa rapazas!!!!

Recopilación de Contos do Mundo

Como todos sabemos, notamos, sentimos e cheiramos... o fin de curso está a piques de chegar, e dende o IES A Sangriña envíannos unha marabillosa presentación como final do noso traballo conxunto: Contos do mundo enmarcado dentro da nosa PDI: Viaxamos polo mundo.

Deixámosvos a mostra para que xulguedes vós mismo o resultado.

Encántanos!!!



Máis do obradoiro de Booktrailers

Aquí está a mostra gráfica do ben que o pasamos aprendendo no obradoiro de elaboración de booktrailers con María Lobo o pasado dous de xuño!.





Esta é a mostra dun booktrailer feito con moitas ganas e ilusión por un grupo dos nosos colaboradores de biblio.



7 de xuño de 2017

Obradoiro de Booktrailers

O pasado 2 de xuño, puidemos disfrutar dun Obradoiro de elaboración BookTrailers como premio pola nosa selección no Voluntariado de lectura-A.



Ás 8:30 da mañá xa nos acompañaba María Lobo de Gingko para explicarnos todo o que iamos facer ao longo da mañá.


Iamos gravar, buscar, elixir e gardar, imaxes e vídeos para montar un booktrailer.


Que non sabedes o que é? Nós tampouco o sabíamos pero agora xa si, é a presentación dun libro, pero deixando no aire intriga para animar á xente a que o lea.

E nós encargámonos de dar os primeiros pasos neste ámbito. 

Aquí van un par de gravacións. 







Próximamente seguiremos publicandooooo.

Animádevos a ler... Nos libros hai cousas fantásticas!!!

27 de maio de 2017

A galiña azul chegou A Guarda!!!

Un dos contos de Carlos Casares máis coñecidos polos nenos e nenas é : A GALIÑA AZUL


O Concello da Guarda, convidou a todos os cativos e cativas da vila, a disfrutar da representación desta magnífica obra no auditorio de San Benito.

Como o propio libro a representación comezou coa lectura dunhas cartas enviada a unha nena: Ana. Nelas, entre outras cousiñas, Carlos Casares  recordáballe que nunca se esquecera do idioma galego.

Pouco a pouco, e para ledicia dos nenos, foron aparecendo cada unha das personaxes:  Leoncio, a galiña azul coas cinco plumas vermellas nunha á, a formiga esquiadora....











Canto disfrutaron!!!



23 de maio de 2017

Premio Voluntariado de lectura -A

Por todo o voso esforzo e implicación coa biblioteca  ao longo deste curso 2016-2017 ...fomos elixidos como un dos oito centros con MEGACOLABORADORES de biblioteca.


Foron meses de traballo, formación, ilusións, colaboración, inquedanzas, desganas e risas... Porque todo non ía ser traballar.

Só temos para vós palabras de agradecemento e moito, moito cariño.


Parabéns, campións!!!


En breve agárdavos unha sorpresa como premio.