4 de dec. de 2013
2 de dec. de 2013
UN CONTO PARA NADAL...E....UN CANTO DE REIS
Aquí vos deixo para que escoitedes un Canto de Reis: GUEDELLAS DE CABRA que cantaba FUXAN OS VENTOS. Recoller o aguinaldo dos veciños era un dos principais motivos dos cantos de reis tan populares na nosa tradición oral de Nadal.
(DARLLE O PLAY)
1 de dec. de 2013
O NADAL NO MUNDO
E seguimos co Nadal. Agora imos ver como se celebra o Nadal noutros lugares do mundo:
(en grande nas catro flechas)
De agasallo unha panxoliña do libro de MAMÁ CABRA: "Xa me tardan estes magos"
24 de nov. de 2013
UN NOVO CONTO NO RECREO!!
De novo, os nosos axudantes volveron a sorprendernos!!! Prepararon un contiño "Orellas de bolboreta" e ELAS e mais EL : Aldara, Duna, Nahir e Eladio comenzaron a función que, por suposto lles gustou moito ós nenos e nenas que os escoitaron porque foi unha actuación....estupenda!!!!
Aquí quedan as imaxes:
20 de nov. de 2013
ACHÉGASE O NADAL!!!
.gif)
O Nadal encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sen preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas. Aquí vos deixo algunhas:
COSTUMES E TRADICIÓNS DO NADAL: o tizón de nadal, o acivro, o capón de Vilalba, o Belén,a estrela, a árbore,Papá Noel, Os reis Magos, a comida, a roupa...APRENDERÁS UNHA CHEA DE COUSAS!!
O Nadal en Galicia: para coñecer moitas cousiñas...
PAPÁ NOEL: a súa historia
Agora a xogar un pouco!!
FAI BAILAR A PAPÁ NOEL
FAITE UNHA FOTO COS REIS MAGOS
Un fermoso conto:
CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
Agora en vídeo:
Se queres COCIÑAR EN FAMILIA NO
NADAL aquí che deixo unha chea de receitas...
(en galego)
O APALPADOR: PARA COÑECER NO NADAL
A Biblio invítavos a coñecer este Nadal a este home chamado O APALPADOR.
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas do Courel en Lugo. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
Os nen@s do CEIP XUVENCOS cóntannos a súa historia:
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas do Courel en Lugo. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
Os nen@s do CEIP XUVENCOS cóntannos a súa historia:
Agora lémola:
(en grande nas catro flechas)
Entrevista ao Apalpador na tvg
O Apalpador | A canción e o baile
Aquí vos deixo esta CANTIGA DO APALPADOR que gravou o grupo MALVELA, debaixo tedes a letra.
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Dende o CEIP OUTEIRO DAS PENAS, chéganos este LIM O APALPADOR
18 de nov. de 2013
25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aquí deixamos unha chea de cousas intentando aportar o noso pequeno gran de area , que nos fagan reflexionar:
Contos:
ARTURO E CLEMENTINA:Arturo e Clementina son dúas fermosas tartarugas namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Arturo pasa o día pescando Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Arturo tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia..., pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo....
UNA FAMILIA MUY NORMAL:En casa de Héctor y Sergio, el domingo se inicia como de costumbre: su papá se levanta el primero y prepara el desayuno mientras ellos ordenan su habitación y su mamá pone la mesa. Cuando su amiga Sandra entra en la casa, observa como Sergio, Héctor y su papá realizan distintas labores domesticas y exclama: "¡mi mamá no me lo va a creer!"
Carmen Gil déixanos uns poemiñas moi feitiños para traballar a igualdade:
Uns contos en vídeo:
EL PRÍNCIPE CENICIENTO
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.gif)




.gif)




