18 de nov. de 2011

PREMIAD@S NO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Anque foi difícil, xa está resolto!. NORABOA A TODO O ALUMNADO, fixeron uns marcapáxinas magníficos pero claro, había que elexir e aquí están os gañadores e os seus traballos.
ERIKA DOMINGUEZ GÓMEZ-E.INFANTIL

MIGUEL DE LORENZO SERRANO-1º CICLO



NAYARA DIEGO RODRIGUEZ-2º CICLO
ÓSCAR RIVEIRO ALONSO-3º CICLO


Hoxe no recreo, recibiron un libriño cada un de agasallo e, tan pronto como estean preparadas as copias dos marcapáxinas, repartirémolos entre tod@s.

 FELICIDADES ÓS CATRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

9 de nov. de 2011

MÁIS ACHEGAS DO SAMAÍN

Esta vez é o alumnado de 6ºA o que nos fai chegar as investigacións que fixeron sobre a orixe do Samaín.






BO TRABALLO RAPACES!!!!

4 de nov. de 2011

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Onte os nenos e nenas de 1º, ó chegar á clase, atoparon...UNHA CARTA DE PEPIÑO! e...¿que dicía?...Pois que lles deixaba un agasallo e que estaba na Biblioteca.

E...sen esperar máis, foron alá!. Acompañados da súa mestra ANA, destaparon o agasallo e...

Que pasada!!!    UN LIBRO XIGANTE!!!





CLARO... como xa saben ler!.... ¿Como o sabe Pepiño?  Xa, xa...É MÁXICO!!!!

GRAZAS PEPIÑO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

1 de nov. de 2011

O MAGOSTO

O día 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis populares galegas: O MAGOSTO.

Aquí vos deixo uns enlaces de actividades CHULÍSIMAS para que aprendades xogando unha chea de cousas sobre esta festa tan nosa. Hai para todas as idades dende os máis pequechos ata os maiores.

GRAZAS A TOD@S POR COMPARTIR TANTA INFORMACIÓN! E AGORA...

CLICA SEN MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!

COUSAS DO MAGOSTO (ACTIVIDADES LIM PARA TODOS OS CICLOS)

MÁIS COUSAS DO MAGOSTO CON MÁIS ACTIVIDADES (2º e 3º CICLO)

CONTO CON ACTIVIDADES (NA PÁXINA DO COLE TÉDELO LISTO PARA LER)

TEMPO DOS MAGOSTOS (COMPLETÍSIMA INFORMACIÓN CON ADIVIÑAS, CANTIGAS, POEMAS,CONTOS, CRENZAS, GASTRONOMÍA...)


30 de out. de 2011

INVESTIGACIÓN E ILUSTRACIÓN SOBRE O SAMAÍN

Chéganos este fermoso traballo de investigación e ilustración que fixo o alumnado de 4º A para o proxecto COMENIUS REGIO no que está inmerso o Centro. Descubrimos da súa man que é o Samaín, que son as cabazas e unha lenda relacionada co tema. Tamén recolleron e ilustraron poesías con temática de medo e unha canción, todas de autores ben coñecidos por eles. ¿A QUE LLES QUEDOU MOI PRECIOSO?

22 de out. de 2011

CONTO VIAXEIRO: VIAXE NO TEMPO.

Este é o 2º ano que facemos, todo o alumnado do Centro un conto que, como vai de aula en aula, demos en chamar CONTO VIAXEIRO.

O luns 24, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, xuntarémonos todos no salón de actos para velo ...na pantalla grande!!

Damos as grazas á profe LUCÍA de Infantil, que como boa coordinadora do Equipo TIC se encargou da montaxe.

MIRÁDEO CON MOITA ATENCIÓN PORQUE MERECE A PENA!!!