Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

3 de nov. de 2014

E AGORA....CHEGA O MAGOSTO!!!

Nas semanas próximas se o tempo é propicio, celebraremos tod@s xuntos unha das festas máis senlleiras da nosa Terra, o magosto.

Para comenzar imos saber datos sobre   O CASTIÑEIRO
(Clica nos títulos)



Agora seguimos para saber cousas sobre AS CASTAÑAS


E agora xa....saberedes cousas sobre  O MAGOSTO


      Para    IMPRIMIR E PODER ESCRIBIR

O CEIP O POMBAL ofrécenos





A profe Ana Martinez Rey fixo estes marabillosos LIM


para tod@s pequen@s e grandes!!

E claro, non podía faltar a música da man de Jesús Pareja: "Chegou magosto" acompanada de fermosas imaxes.

Aquí deixo tamén unha cantiga típica do magosto: "NON CHAS QUERO"
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que me saben a chamosco,
que me saben a chamosco.
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.

3 de nov. de 2013

ACHÉGASE O MAGOSTO

O VENRES DÍA 8 de novembro se o tempo acompaña, celebraremos no cole o magosto. Mentras chega o día aquí vos deixo unha chea de cousas: información sobre castañas e magostos, Lims (libriños interactivos), cine e música.
Que os disfrutedes!!

Dende o IES AS LAGOAS de Ourense, chéganos esta completísima presentación: costumes, refráns, adiviñas, cantigas, poemas, gastronomía...

Como cociñar con castañas


Empeza o outono e con el a tempada da castaña. Un produto por descubrir na nosa cociña.




Dende a EEI MONTE DA GUÍA comparten con nós este fermoso Lim para os máis pequechos narrado coa voz dos nen@s
XIAN E O CASTIÑEIRO

 Dende o déixannos tamén para os máis pequechos este LIM DO MAGOSTO


Dende o CEIP IGREXA VALADARES , para tod@s  CELEBRAMOS O MAGOSTO 




UNHA CURTA:


A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e  a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor. 



Clicade: DE MAGOSTO COS TREBÓN


Jesús Pareja que xa nos acompañou no Samaín, déixanos outra canción para o magosto



"Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
Non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamusco."

Ana Martinez, montou de xeito diferente este contiño que xa coñecedes doutros cursos:




4 de nov. de 2012

ACHÉGASE O MAGOSTO






O vindeiro venres día 9 celebraremos no colexio o magosto. Para ir preparándonos, seguro que queredes saber máis cousas sobre

 O CASTIÑEIRO e AS CASTAÑAS (clica no título)

QUE RICAS!!!!!!
Seguro que despois de todo o que lestes gustaravos xogar un pouquiño. Así que aquí queda este LIM  feito no CEIP JUAN FERNÁNDEZ LA TORRE ó que agradecemos moito que o compartan porque seguro que vos gustará, hai para tod@s pequechos e grandes. A que esperas, CLICA e empeza!
       
O MAGOSTO


E...so para os máis pequechos dende o CRA RAIÑA ARAGONTA aquí vos deixo este LIM


1 de nov. de 2011

O MAGOSTO

O día 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis populares galegas: O MAGOSTO.

Aquí vos deixo uns enlaces de actividades CHULÍSIMAS para que aprendades xogando unha chea de cousas sobre esta festa tan nosa. Hai para todas as idades dende os máis pequechos ata os maiores.

GRAZAS A TOD@S POR COMPARTIR TANTA INFORMACIÓN! E AGORA...

CLICA SEN MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!

COUSAS DO MAGOSTO (ACTIVIDADES LIM PARA TODOS OS CICLOS)

MÁIS COUSAS DO MAGOSTO CON MÁIS ACTIVIDADES (2º e 3º CICLO)

CONTO CON ACTIVIDADES (NA PÁXINA DO COLE TÉDELO LISTO PARA LER)

TEMPO DOS MAGOSTOS (COMPLETÍSIMA INFORMACIÓN CON ADIVIÑAS, CANTIGAS, POEMAS,CONTOS, CRENZAS, GASTRONOMÍA...)