Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2014. Amosar todas as publicacións

11 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014:MÁIS POEMAS DE DÍAZ CASTRO

A Consellería de Cultura e mais Televisión de Galicia presentan  a súa aposta audiovisual conxunta con ocasión do día das letras galegas.
 Nimbos e Esmeralda son os dous poemas que dan pé a cadansúa peza audiovisual animada. Mentres Esmeralda está representado con figuras animadas, en Nimbos apóstase por sombras e papeis recortados para representar os versos.
ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís 
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti
por que de ser pequena
te me avergoñas ti?

O universo sería
máis pequeno sen ti!.



Dende o CEIP VILAVERDE déixannos algúns poemiñas do autor para que poidamos traballar con eles. 




Dende o CEIP PLURILINGUE SAN XOAN DE FILGUEIRA fixeron esta animación en Stop Motion do poema "Esmeralda". Noraboa e grazas por compartir.

4 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Como cada ano, o 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas agasallando a un autor.

 Este ano, adícase a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.









 Imos empezar a coñecelo:

*VIDA E OBRA DO POETA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO: Con imaxes e debuxos.(Clica)

 *Vendo esta presentación da súa vida e obra que fixo unha alumna de bacharelato:

Agora que xa sabemos moitas cousiñas un par de LIM:
VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



AS SÚAS POESÍAS

A súa poesía máis coñecida, chámase PENÉLOPE. Aquí vola deixo de tres xeitos distintos:



  Nas voces de FUXAN OS VENTOS!!! un magnífico agasallo!!!

   Na voz do poeta Manuel María


Dende o IES de GUITIRIZ en forma de karaoke: "A noite é"

"Ai capitán" do seu libro Nimbos




Aquí deixamos tamén un conto O NENO E A ESTRELA un fermoso achegamento á figura do poeta. O protagonista do libro é  Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela e ten que devolvela ó seu lugar...