Mañá celebramos o Día do Libro en Bibliopepiño dunha maneira moi especial!
Temos preparada unha actividade chea de misterio e diversión: libros sorpresa en préstamo. Todos eles estarán empaquetados, polo que non poderás ver a portada nin o título… só atoparás unha pequena pista sobre o seu contido. Unha invitación perfecta para deixarte levar pola curiosidade e descubrir novas historias!Para facilitar a elección:
- Os libros cunha pegatina en forma de estrela están pensados para os máis pequenos do cole.
- Os libros cunha cariña sorrinte son ideais para lectores máis maiores.
Atréveste a levar un libro sen saber cal é? Pode ser o comezo dunha nova historia favorita!
Agardámoste mañá en Bibliopepiño para celebrar xuntos o pracer da lectura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario