Ao longo deste obradoiro, o alumnado terá a oportunidade de manipular, transformar e reinterpretar os libros, expurgados, empregando técnicas diversas como o collage, a intervención plástica, o ensamblaxe ou a escultura en papel.
Así, a biblioteca escolar convértese nun espazo dinámico de creación, onde a lectura e a arte dialogan, favorecendo aprendizaxes significativas e o desenvolvemento da sensibilidade estética.

Neste contexto, o obradoiro de creación de obras de arte a partir de libros expurgados preséntase como unha proposta didáctica innovadora e sostible. Os libros expurgados —aqueles que, por diferentes razóns, deixan de formar parte do fondo activo da biblioteca— adquiren unha segunda vida ao seren reutilizados como materia prima artística.
E aquí os resultados:

Ningún comentario:
Publicar un comentario