Onte, día 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz e a non violencia. Fixémolo todos/as xuntos/as e tivemos como como ingrediente principal a presentación do Guernica de Picasso.
Esta obra de arte foi elaborada polo alumnado de Cuarto de Primaria, os cales nos explicaron os motivos das súas liñas e esas cores tan escuras e tenebrosas.
Recibimos unha gran sorpresa a coñecer como sería o cadro de Picasso se no caso de ser unha reflexión sobre a Guerra fose unha reflexión sobre a paz e ledicia.
Parabéns polo voso traballo rapazas e rapaces, sodes uns grandes artistas!
Podedes ver o fin de festa e a presentación das PAZTRULLAS clicando aquí para acceder á web do noso centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario