Para conmemorar o día de Rosalía o equipo de dinamización da lingua galega, en colaboración co alumnado de sexto de primaria, elaborou, para todo o centro un CALDO DE GLORIA.
Coñecimos a súa receita:Dende primeira hora da mañá o cole arrecendeu a patacas, grelos e feixóns...28 de feb. de 2025
21 de feb. de 2025
ENTROIDO CHEF
Bo día, cocinillas!
Seguro que polos vosos fogóns arrecende a cocido, filloas, orellas...
Non queremos deixar pasar esta conmemoración, tan relacionada coa cociña, e polo tanto co noso proxecto de centro e queremos celebrar a primeira edición de EntroidoChef.
20 de feb. de 2025
LECTURAS COMPARTIDAS
Para conmemorar o día da amizade fixemos unha nova xuntanza de padriños e afillados.
Como o tempo non acompañou desfrutamos das lecturas por diferentes recunchos do noso centro.
QUENDAS OBRADOIRO VIA NAI
Bo día familias, debido ao gran número de inscricións no obradoiro de cociña para familias, fixemos dous grupos para poder atender ao maior número de asistentes.
Estas quendas foron comunicadas e confirmadas vía telefónica, no caso de ter algún imprevisto que vos impida acudir, agradeceríamos que nolo comunicarades con antelación para poder avisar ao alumnado que quedou en reserva da actividade.
GRACIÑAS POLA VOSA COMPRENSIÓN
13 de feb. de 2025
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON ACUARELA
Xa temos as quendas do obradoiro de ilustración con acuarela.
A mestra Angie impartirá nos recreos e hora de ler un obradoiro moi saboroso, onde aprenderemos a ilustrar froitas e verduras con acuarela.
OBRADOIRO DE COCIÑA Via Nai COMPLETO
IMPORTANTE
Dado o elevado número de solicitudes para o obradoiro de cociña imos realizar dous grupos. Aínda así hai xente que quedará en reserva.
Proximamente contactaremos con vos para comunicarvos horarios.
GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
12 de feb. de 2025
OBRADOIRO DE COCIÑA Via Nai
Achégase a temporada mais divertida e colorida do ano:
O ENTROIDO!!!
En BiblioPepiño queremos propoñer un:
Sen esquecer as receitas tradicionais e coa intención de engadir cor e sabor, animadesvos a participar nunha actividade de cociña divertida e saudable?
O obradoiro será o próximo VENRES 21 DE FEBREIRO, ás 16:00, cunha duración aproximada de hora e media.
Ao tratarse dun obradoiro de familias, o alumnado debe estar acompañado por un adulto.
O obradoiro estará impartido por VIA NAI.
Quenes son Via Nai?
Via Nai está composto por Silvia Massetti, Técnico Superior en Dietética e Nutrición, con experiencia de mais de 20 anos impartindo obradoiros a peques e persoas adultas, crea en 2021 un novo proxecto chamado Via Nai, xunto coa súa filla Mercedes Murga, titulada en Administración de Empresas, coa intención de promover os obradoiros de cociña saudable a través dunha didáctica divertida e de desfrute por todo o que a gastronomía pode ofrecer nas diferentes etapas da vida.
Para poder participar no obradoiro debedes cubrir o seguinte formulario.
AS PRAZAS SON LIMITADAS E ASIGNADAS POR ORDE DE INSCRICIÓN!