14 de nov. de 2025

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

Novembro é mes de ciencia en galego, é mes de experimentación nas bibliotecas escolares. 

Por este motivo tedes unha pequena exposición de libros de ciencia, en galego, é unha selección de experimentos que podedes usar cos vosos mestres para facer diversos descubrimentos:


As caixas estarán á disposición de todo o claustro durante este mes.

ANIMÁDEVOS A ACHEGAR A CIENCIA AOS NOSOS NENOS/AS!

12 de nov. de 2025

PEPIÑO NAS ONDAS 25-26

 Pepiño nas ondas, retomas as súas retransmisións, neste novo curso 2025-2026:


Xa tedes dispoñibles dous novos capítulos, lembrade que podedes entrar no Ivoox para escoitalos ou pinchando nos enlaces que compartimos a continuación:

Crónica deportiva:




Estade atentos/as para as próximas retransmisións!!!

5 de nov. de 2025

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

 Estimados/as espectadores/as:

Temos o placer de informarvos de que xa está publicada a cartelera para as proxeccións de inverno 2025.

A próxima semana poderemos desfrutar de cine en familia, para os mais pequenos e de dous pases de película para o alumnado de primaria.




O venres entregaremos as entradas, dispoñibilidade ata completar aforo.

Agardámosvos!


31 de out. de 2025

MONSTRARTE RESOLUCIÓN

Queremos agradecer a gran participación no concurso MONSTRARTE.
Durante 15 días os nosos corredores estiveron do máis terroríficos!

Resultounos moi díficil decidir os gañadores/as das catro categorías, pero este foi o resultado.
NORABOA A TODOS/AS!




24 de out. de 2025

PEPILECTURAS ALUMNADO

 O alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria, tivo esta semana a súa primeira reunión de Pepilecturas. 

Nela coñeceron a Ana, a profe que se encargará de dinamizar e dirixir as sesións de lectura durante este curso. E tiveron o primeiro contacto coas lecturas propostas para comezar.


Ademais recibiron un pequeno agasallo, moi práctico no que poder facer todas as anotación pertinentes do club.

Vémonos no mes de novembro para compartir as nosas impresións sobre estas nenas fantásticas!

23 de out. de 2025

APÓCEMA MONSTRUOSA

 

Obradoiro de apócema monstruosa para o alumnado de terceiros e cuartos de primaria.

A nosa receita precisa moita precisión para obter resultados extraordinarios.

Medimos e trasvasamos líquidos, mexturamos... e  tras facer un bo conxuro....

Aquí os resultados:







Funciona o conxuro?


14 de out. de 2025

FORMACIÓN PARA FAMILIAS

 Esta tarde compartimos unha sesión de formación con diversas familias da nosa comunidade educativa.

Que é koha, onde escoitar os programas de Radio na biblio, como facer suxestións...


Deixamos a presentación por si queredes facer un repasiño dende as vosas casas.


Queremos dar as grazas a todos os asistentes.
Sen vos todos os nosos esforzos non terían sentido!

9 de out. de 2025

APERTURA BIBLIOPEPIÑO

 Temos o pracer de anunciar que o próximo día 13 BiblioPepiño abrirá as súas portas.

Os horarios son os habituais: luns e xoves de 8:20 a 8:35 para infantil e primeiro ciclo de primaria, acompañados de familias, e luns, mércores e xoves en horario de 15:30 a 17:30.


Como xa ven sendo habitual o martes 14 ás 16:30 teremos unha pequena charla para darvos a coñecer o funcionamento de BiblioPepiño.


AGARDÁMOSVOS!

7 de out. de 2025

MONSTRARTE

Este ano BiblioPepiño prepara unha exposición moi especial… 

UNHA EXPOSICIÓN FANTASMAGÓRICA!

As paredes do noso centro están baleiras, os marcos agardan, e as pantasmas da arte rondan en busca de inspiración de cores, formas e sustos.

Onde están as meigas, os monstros e as cabazas?
Vós debedes representalos xa que sodes os verdadeiros artistas!

Creade as vosas obras, para encher a galería: debuxos, pinturas, colaxes ou creacións arrepiantes inspiradas no Samaín. Non hai límites para a imaxinación: poden ser escenas misteriosas, retratos de criaturas espeluznantes ou paisaxes encantados.

Cando todas as obras cheguen, tedes ata o martes 21 de outubro, as paredes cobrarán vida e abriremos as portas de 

AGARDAMOS A VOSA COLABORACIÓN, 
HABERÁ GRANDES PREMIOS!



3 de out. de 2025

FORMACIÓN DE BIBLIOTECA PARA O VOLUNTARIADO

 Un ano mais antes de que BiblioPepiño abra as súas portas precisamos que os nosos axudantes estén formados, coñezan a CDU e identifiquen como colocar, prestar e xestionar a biblioteca.

Esta mañá un grupo de 20 alumnos/as de quinto e sexto de primaria recibiron a súa formación.

Lembramos os seguintes aspectos, facendo fincapé nas diferentes funcións:


Comezamos un novo curso cargados de moita ilusión!


30 de set. de 2025

FORMACIÓN DE BIBLIOTECA PARA CLAUSTRO

 A organización de BiblioPepiño é fundamental para que todo comece a andar.

Os mestres do cole recibiron formación para coñecer como está organizada a biblio, como se fan préstamos e devolucións en koha...

Aquí queda a "chuleta" por si é necesaria.

Ademáis da xestión presentamos e coñecimos novos materiais que poderán usarse nas diferentes titorías.






9 de set. de 2025

PEPILECTURAS ALUMNADO

Hoxe o alumnado de cuarto de primaria, quinto e sexto, leva a autorización para participar no club de lectura.

As reunións serán celebradas en horarios de tarde, como xa é habitual, intentando contar coa maior disponibilidade do alumnado. Tedes ata o día 13 para devolver dito documento asinado.

En caso de pérdida podedes descargar a autorización premendo na seguinte imaxe:

Lembramos que o club de lectura é unha actividade que axuda a disfrutar da lectura compartida, intercambiando puntos de vista a dando a coñecer diversos tipos de textos. Esta actividade potencia o desenvolvemento crítico, a empatía e a creatividade do alumnado.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!




3 de set. de 2025

PEPILECTURA DE ADULTOS

 Boa tarde familias!

As PepiLecturas para adultos comezan as súas andanzas. 

Para formar parte de esta marabillosa familia tedes que cubrir o seguinte formulario:

Queremos lembrar que o Club de Lectura é unha iniciativa aberta a todas as familias da nosa comunidade educativa na que cada mes, aproximadamente, seleccionaremos un libro.  Ao final do mes, reunirémonos para compartir as nosas opinións, recomendacións e reflexións sobre o libro elixido.

Este é un espazo para gozar dos libros sen presións, para intercambiar ideas e, sobre todo, para disfrutar do pracer de ler xuntos. É unha actividade que non só fomentará o amor pola lectura, senón tamén a comunicación e o sentido de comunidade entre as familias da nosa escola.

¡Agardamos que vos unades a esta marabillosa iniciativa! Non importa se es un lector habitual ou se estás a comezar a descubrir o mundo dos libros, o importante é compartir o pracer de ler e facer deste club unha experiencia enriquecedora para todos.



16 de xuño de 2025

SABOOORRRR!!!

Hoxe desfrutamos do premio obtido polo noso alumnado de cuarto de primaria no concurso CANTA A ROSALÍA.
O alumnado de cuarto foi agasallado co primeiro premio polo seu RAP DE ROSALÍA
podedes escoitalo no noso Ivoox:

E por suposto podedes ver a nosa interpretación na web do cole, a través do seguinte enlace
Pois ben, hoxe grazas a este recoñecemento poidemos desfrutar do espectáculo: SAAABOR!
Onde dous cociñeiros disparatados preparan un primeiro, un segundo e unha sobremesa en directo para o noso cole desde a súa foodtruck. 
Todo maridado con moito humor, maxia, baile, diversión e magníficas pezas musicais.

Con esta actuación pechamos o noso proxecto: Entre Olas e Tixolas!
Agardamos que o desfrutarades moito!

PEPILECTURAS ALUMNADO

 O pasado venres a rapazada de Pepilecturas desprazouse a Baiona para desfrutar dunha sesión de lecer!

Durante a mañá visitaron a réplica da carabela Pinta.

Ademais de coñecer a recén inaugurada Biblioteca Municipal e desfrutar dun saboroso xeado!




8 de xuño de 2025

PEPILECTURAS familias

 Pepilecturas de familias está a piques de pechar por este curso.

No seguinte video podemos demostrar que foi un ano cargado de grandes lecturas e o máis importante, cargado de grandes conversas e emocións compartidas.


Pero antes de rematar faremos unha nova quedada para recomendarnos lecturas frescas para este verán. 

Queredes saber cales serán? Estade atentos/as!

VOLVEMOS EN SETEMBRO!

5 de xuño de 2025

PRÉSTAMO DE VERÁN 2025

 Hoxe o noso alumnado leva a autorización para participar no préstamo de verán para este ano 2025.


O prazo para devolver a autorización asinada remata o martes 10 de xuño. 

A devolución dos libros levados en préstamo realizarase no mes de setembro os días 3, 4ou 5, antes de comezar a actividade lectiva.

Desfrutade moito das lecturas!

4 de xuño de 2025

AS FAMILIAS CONTAN!

 Un ano mais as familias entraron nas nosas aulas para compartir lecturas co alumnado do cole, dentro do noso programa: AS FAMILIAS CONTAN

É unha ledicia ver como a nosa rapazada se emociona cando o seu pai, a súa nai, avoa, curmá... ven ao cole a compartir con nos unha historia dos andeis das súas casa.


GRAZAS FAMILIAS POR CONTAR!!!


OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D

 Durante o mes de maio o alumnado de cuarto a sexto de educación primaria participou nun obradoiro de impresión 3D.

Cada alumno diseñou o seu chaveiro no programa Tinkercad e posteriormente imprimimos na nosa impresora Creality obtendo estes marabillosos resultados.


Seguiremos fedellando!!!

2 de xuño de 2025

MIGUEL ALONSO EN PEPILECTURAS 4º de Primaria

 O alumnado de Pepilecturas tivo a sorte de compartir con Miguel Alonso Diz unha xornada relacionada co seu club de lectura.

Miguel Anxo é o autor do libro:


E durante unha horiña explicoulle á nosa rapazada como xurdiu este libro.

A sesión rematou cunha entrevista en "Pepiño nas Ondas" que podedes escoitar no noso iVoox.

MIGUEL, GRAZAS POLA TÚA AMABILIDADE E SIMPATÍA!

VÉMONOS PRONTIÑO!

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VOLTAN Á BIBLIO

 Acércase o final de curso e as nosas mochilas viaxeiras retornan a BiblioPepiño cargadiñas de experiencias.

Deixamos a recopilación de todas as vosas valoracións, así como dos vosos pratos preferidos:

CUARTO DE INFANTIL

PRIMEIRO DE PRIMARIA


SEGUNDO B DE PRIMARIA


TERCEIRO A DE PRIMARIA


CUARTO A DE PRIMARIA


CUARTO B PRIMARIA


SEXTO DE PRIMARIA



29 de maio de 2025

ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO

 O noso proxecto de centro chega ao seu fin.

Toda a nosa comunidade educativa colaborou activamente na elaboración deste recetario internacional.

Animádesvos a probar as receitas nas vosas casas???

Se é así, podedes enviarnos as vosas fotos ou etiquetarnos en instagram!

BO PROVEITO E GRAZAS FAMILIAS

25 de maio de 2025

ENQUISA DE AVALIACIÓN: FAMILIAS

 O curso vai chegando ao seu fin.

Este ano centramos a nosa labor en adquirir novos fondo, expurgar e introducir o noso catálogo na nova plataforma de xestión. Agora e tempo de memorias, de analise e valoración de propostas para o próximo curso 2025-2026, e para iso precisamos da vosa axuda.

Agradecemos enormemente que cubrades a seguinte enquisa, en relación a todo o desenvolvido neste curso 2024-2025.

GRACIÑAS POLO VOSO TEMPO!

21 de maio de 2025

MES DAS MATEMÁTICAS

Para conmemorar o mes das Matemáticas, en BiblioPepiño tivemos obradoiros de xogos de mesa durante algúns recreos do mes de maio co alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de Educación Primaria. 

Nestes obradoiros, traballamos os conceptos matemáticos dun xeito manipulativo e moi divertido e ademáis damos a coñecer algúns dos xogos do recuncho matemático da biblio.

Os xogos utilizados para estes obradoiros foron:







20 de maio de 2025

A SANGRIÑA OPINA... MELLORAS NA ESCOLA

 Non deixedes de escoitar o novo capítulo de....


Intentaremos telas en conta de cara a próximos cursos!

14 de maio de 2025

RECURSOS CREATIVOS

 En BiblioPepiño seguimos ampliando a oferta de recursos a disposición do noso alumnado.

Acabamos de renovar os nosos carriños creativos.


Neles podedes atopar material para:

LETTERING


COLOREAR


PULSEIRAS

Recuncho de pulseiras

ACUARELA



É moi importante seguir as normas de uso para coidar os materiais.