15 de mar. de 2022

CAMBIO DE PLUMAXE

 Ola rapacxs!

Como sabedes este é un ano de cambios na nosa biblioteca. Estamos modificando espazos, facéndoos mais accesibles e dinámicos, para así poder desenvolver, con maior, comodidade as diversas actividades. que se plantean dende todo o centro.

Seguro que moitxs de vós coñecedes a Pepiño, un gran moucho que vive na biblioteca e aproveita as noites para ler todas as novas aventuras, libros de información e xogos que están chegando á biblioteca. Pois ben, Pepiño está dando un cambio na súa plumaxe, pero queremos pedirvos o voso asesoramento e a vosa opinión.

Cal é o Pepiño que che gustaría ter na biblioteca?




Deixa na seguinte enquisa a túa opinión. 

Entre todxs elixiremos a pelaxe do novo Pepiño.


Queremos darlle as grazas a Fernando Coello, papá dunha alumna do noso centro, por colaborar coa biblioteca para poder levar a cabo este cambio de imaxe da nosa mascota.

Ningún comentario:

Publicar un comentario