A semana pasada chegaron á biblioteca do centro unha morea de paquetes con carácter urxente, había un para cada clase do centro.
Neles atopamos unha postal de Pepiño pedindo axuda para poder realizar a súa exposición no Congreso de Mulleres Pioneiras que se está a celebrar en Bruxelas.Precisa da nosa axuda e nós axudarémoslle a profundizar e coñecer as diferentes mulleres das que nos irá enviando pistas progresivamente.
Os expositores dos corredores xa están preparados con diversos fondos de investigación para poder profundizar nas pistas que Pepiño vaia enviando as diferentes aula.
Seguro que entre tod@s conseguimos que a súa exposición sexa brillante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario