21 de out. de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 18 de outubro celebrouse o Día das escritoras, e os alumnos e alumnas de primeiro B andan a investigar cousas dunha delas, por que? Porque na súa clase están aparecendo libros moi pero que moi especiais de Ana Meilán.



Pero... quen é Ana Meilán? Será escritora? Será galega? Terá fillos? Que libros escribiu?... Todas estas preguntas e mais foron as que se fixeron os nenos e nenas, puxéronse a investigar e este foi o resultado.



Ana Meilán, xa nos contarás se todas estas pesquisas son acertadas.

AGARDÁMOSTE

Ningún comentario:

Publicar un comentario