Arrancamos semana de contacontos!
Os nenos e nenas de 3º A tiveron unha lectura de adiviñas a cargo do mestre Gil, co libro: "Adiviñas de animais" de Gloria Sánchez.
Que ben o pasaron!
As nenas e nenos de 3º B pasárono en grande coa profe Ana e o conto "Rapunzel con piollos" de El Hematocrítico. A profe Ana é toda unha artista da interpretación, canto rimos!
E por último, pero non por iso menos importante e divertido, os cativos e cativas de 1º de Primaria tiveron a gran sorte de escoitar un conto tradicional da man da gran mestra Mari, "A ratiña presumida" de José Antonio López Parreño.
MOITÍSIMAS GRAZAS PROFES!
CANTO CONTO E CANTA DIVERSIÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario