O 21 de Marzo conmemórase o Día Mundial do Síndrome de Down. Por iso, no noso cole fixemos a lectura deste conto que tan ben nos traslada como é vivir cunha persoa con este síndrome: "Pepita es especial."
Algúns nenos e nenas de 4º de Educación Primaria foron os encargados de poñerlle voz a esta historia tan chea de respecto, igualdade e valores.
No seguinte enlace podedes ver e escoitar esta historia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1076
A raíz dela, animamos a todo o alumnado e profesorado do cole a vir con calcetíns desparellados, unha iniciativa de Cloe.
Pinchade aquí para ver todas as fotos!
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1077
Ningún comentario:
Publicar un comentario