Día da paz e non violencia
Chegou o día!
Hoxe foi unha xornada moi axetreada e con moitas cousas, esperemos non esquecernos de contarvos ningunha.Comezamos coa decoración do cole coa simboloxía hippie, que como podedes ver deixou ben coloridos os corredores e murais do cole.
Ademáis, como o movemento hippie esta dentro da idade contemporánea, a nós que nos encanta xuntar todo, decidimos que os cursos que traballan esa época da historia, dentro do noso proxecto, é dicir, 1ºEP e 4ºEP, hoxe foran durante a hora de ler contándonos cousas que caracterizaron ese movemento e ás persoas que o apoiaban. Como veredes...metéronse moito no papel e puxéronse super guap@s!
E para rematar, estos hippies de 1º e 4º de Educación Primaria, tiveron a gran sorte de que os alumnos de 5º lles ensinaran o video que fixeron coas ilustracións e interpretacións do conto "Unha espada moi especial". Estivo xenial, ata tivemos efectos de sonido na sala e todo...foi fantástico!
Deixámosvos aquí o enlace para que vós tamén poidades velo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario