O pasado venres, un grupo de alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria,
reuniamonos na biblioteca do cole, non por casualidade; elixímola porque era o lugar onde Carlos Casares pasou máis
tempo na súa etapa de estudante.
Pero, por que estabamos alí?
Porque esperabamos impacientes e moi ilusionados a visita de Hakan
Casares.
Nada máis chegar, presentámolo como o merece unha persoa tan especial nestas datas.
En seguida nos engaiolou contando a vida de seu pai como se de un conto
se tratase, coa súa presenza, cos seus xestos, coa súa mirada, co cariño con que
o contaba.
Sentímolo cerca e infiltrouse nos nosos pensamentos que xunto coas súas propias opinións deron forma a unha historia real e conmovedora manifesta no brillo dos ollos de todos os asistentes.
No seu discurso transmitiunos a importancia de ler para formarnos como persoas e decatarnos de que calquera de nós pode ter capacidade para escribir mellor se somos bos amigos da lectura.
A presenza de Hakan constituiu un reflexo vivo de Carlos Casares. Amosounos con gran entusiasmo como o seu pai trataba as persoas: con respecto, con agarimo, cercanía... destacando como a súa mellor virtude, a boa persoa que era.
A continuación, os nenos, iniciamos unha ronda de preguntas que recollían as nosas inquedanzas sobre a vida e obra de Carlos Casares. El foi contestándoas unha a unha e satisfacendo a nosa curiosidade.
Sentímolo cerca e infiltrouse nos nosos pensamentos que xunto coas súas propias opinións deron forma a unha historia real e conmovedora manifesta no brillo dos ollos de todos os asistentes.
Sorprendeunos moitísimo
cando nos contou que seu pai foi merecedor da chave da biblioteca porque pasaba moitas horas alí.
A presenza de Hakan constituiu un reflexo vivo de Carlos Casares. Amosounos con gran entusiasmo como o seu pai trataba as persoas: con respecto, con agarimo, cercanía... destacando como a súa mellor virtude, a boa persoa que era.
Para rematar o acto, agasallámolo cun caderno co resumo das actividades, as nosas impresións , debuxos, recordos e fotos polo que se mostrou entusiasmado e agradecido como o puxo de manifesto.
Tamén se brindou a entregar o agasallo ao gañador do concurso fotográfico" Interpreta a obra de Carlos Casares"
E asiñoulle o libro Este é Toribio de Carlos Casares
Non podíamos quedar sen estas fotos para o recordo!!
Antes de despedirse, quixo coñecer de primeira man as distintas experiencias que se están a levar a cabo no cole para achegarnos e descubrir a Carlos Casares.
Graciñas por transmitirnos as túas vivencias e achegarnos un chisco máis á vida de Carlos Casares, teu pai, dun xeito tan cariñoso e afable.
Que sorte ter uns mestres que motiven desta maneira tan bonita aos seus alumnos.
ResponderEliminarLiteratura,conversa,amizade ...
Seguro que Casares,sentado nun sillón azul,estará esbozando un sorriso.
Graciñas Andrea. A sorte é mutua, sen eles nada disto sería posible.
EliminarFermosa noticia, escrita con paixón e con profundo cariño. Moitas grazas de parte de todos os que traballamos na Fundación Carlos Casares.
ResponderEliminar