Ola lectores!!!
Este pasado venres tivemos doble viaxe:
Vouvos contar...
A primeira hora da mañá alumnos/as de primeiro de bacharelato do IES A Sangriña viñeron coa súa profe de galego Marisa Guerra para contarlle ós nosos alumnos/as de 5ºB varios contos de Cuba, si , sí... leváronnos a Cuba e nos explicaron por que a Habana se chama así.
Aquí vos deixo unha proba do ben que o pasamos...
Pero aínda hai máis porque rematamos a mañá con outra visita!!!
Alumnos/as de 2º B ESO viñeron co seu profe Juan Ramón Torres a representarnos unha pequena obra de teatro chamada Una momia muy responsable!!!
Foi histórico ver a nosa biblioteca chea de momiiiaaaassss....
Mirade como resultou!!!
Contos do mundo Exipto - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Estate atento porque cada vez nos quedan menos países ós que viaxar, da man dos alumnos/as do IES A Sangriña, quizá para a semana sexa o teu...
Ningún comentario:
Publicar un comentario