10/01/2017

Xa estamos de volta!

Ola rapazas e rapazas!

Despois das tan desexadas vacacións de Nadal, xa estamos de volta!

O primeiro que vos queremos contar é  que  entre Papa Noel e as súas Maxestades os Reis Magos  déixannos todiños os libros que lles pedíramos para vós.





Agora están expostos no andel das novidades para que poidades coñecer cada un dos libros.

Tedes que ter un chisco de paciencia, ata o día 13 non poderedes desfrutalos e levalos para as vosas casas.


Xa sabemos que estades impacientes!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario