14 de set. de 2016

Comezamos a P.D.I. Viaxamos polo mundo

Os alumnos de cuarto inician a súa viaxe polo mundo! 

O seu destino: China

Este é o seu punto de partida!

Como ben sabedes, o primeiro día de clase, as mestras recibímosvos con bandeiras de varios países. No corredor da entrada,  un enorme mural e moitas bandeiras, xa nos daban pistas do que ía acontecer!




Xa na aula, preguntámosvos que creíades que estaba pasando. As vosas respostas foron diversas, pero, moitos tíñades razón aínda que non o confirmamos.

Coloremos as bandeiras de China e Suecia. Era a primeira das actividades dun proxecto! 




Pero de que proxecto se trata?
Dun proxecto que nos propón o Equipo de Biblioteca:  "VIAXAMOS POLO MUNDO"
Os alumnos de 4º A imos a viaxar a China e os alumnos de 4º B a Suecia.


Estades preparados?  
                
             Pois... comezamos 

Que sabemos de China?  E de Suecia?      

              Que queremos saber?

                   Onde podemos buscar información?

Escribide   as respostas nun papel e logo faremos unha posta en común

   

                                     Pincha no enlace  China

                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario