1 de maio de 2016

Un cole lendo!

Así  foi como rematamos a celebración do Día do Libro.

Visitamos a biblioteca e a exposición dedicada aos libros que deixaron un grato recordo nos nosos pais, irmáns maiores, padriños e madriñas, nos profes...



Collémolos nas nosas mans, vimos as súas ilustracións, as portadas,comparámolos cos que tanto nos gusta ler a nós, observamos as diferenzas de formato, presentación, tipo de letra, cheirámolos, e lemos un pouquiño dos que máis nos chamaron a atención.

A continuación, eliximos o que máis nos gustou e puidemos levalo as nosas casas como agasallo!!!










A profe Inma, agasallounos a cada un de nós cun marcapáxinas feito por ela mesma reciclando diferentes materiais.





De seguido, saímos ao patio e ... todos a ler eses libriños!!! 



Estas imaxes resumen a actividade.








Bibliopepiño on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario