17 de xan. de 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ

O vindeiro  día 30, é o Día escolar da Paz e Non Violencia.

Celébrase nesta data por coincidir co asasinato do Lider Nacional e Espiritual da India, o Mahatma Gandhi no ano 1948.


GANDHI
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). 

Se queres saber máis bótalle unha ollada a esta preentación





Aquí atoparedes  algúns recursos  rapaces!!!



E os profes tamén!



Ningún comentario:

Publicar un comentario