10/06/2015

VISITOUNOS ANXO MOURE

A piques de rematar o curso, recibimos unha visita moi especial: ANXO MOURE .Os nen@s de Infantil, foron os encargados de facer o cartel anunciador...que lles quedou ben fermoso!!






Chegou montado no seu NUBINETE.

Este autor e contacontos, percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica...para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.


Fixo as delicias de tod@s....algo moi dificil, xa que estivo con todo o alumnado do Centro 
dende Infantil a 6º e, a todos cautivou. Miles de grazas!!!!!.

Invitounos tamén a coñecer a súa páxina  CONTOS SOLIDARIOS, un proxecto cultural e medioambiental.


Aquí deixamos as imaxes, rematando así...

"un curso de cine"




Ningún comentario:

Publicar un comentario