11 de maio de 2015

VIVE EN GALEGO!!!!VIVE GALICIA!!!!!

Invitámosvos a escoitar esta canción titulada"Meu o mundo é!". É unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras


"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"

E agora.... CINE! tamén en galego!!!!    ALISTÁN, O DEMO OVEIRO

Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.





Na Biblio claro, non podían faltar....os contos. Sempre os lemos ou vemos as imaxes, hoxe imos ESCOITAR....

"A voda do galo Pinto"
(dalle ó PLAY)

E para rematar, imos pasear polos PARQUES NATURAIS de Galicia....seguro que vos dan gañas de ir pasear....de verdade porque .....cando rematedes de velo...opinade!!!. Disfrutarédelo máis en grande!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario