06/04/2015

2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,  celebrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Vouvos dicir títulos de libros para que vexades que tod@s coñecemos a este autor porque medramos escoitando os seus contiños marabillosos:" O soldadiño de chumbo", "O reiseñor", "O abeto", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do emperador", "O parruliño feo"...

Queredes coñecelo? Pois, TOMÁS BASES fixo esta


 estupenda animación....


Agora un CONTO:Escoita e fai as actividades:

        Clica:  O TRAXE NOVO DO EMPERADOR



O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O PARRULIÑO FEO

Ningún comentario:

Publicar un comentario