12/03/2014

MARZO: CHEGA A POESÍA

O 21 de marzo, coa chegada da primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía.


UNESCO proclamou este día para homenaxear ás persoas que, só coa palabra como ferramenta, intentan mellorar o mundo.


Nós, por 3º ano consecutivo imos recitar poesías na que demos en chamar SEMANA DA POESÍA. Na semana final do mes, nas Horas de Ler, xuntarémonos tod@s, mestres, mestras, nenos e nenas para escoitarnos uns ós outros recitando unhas poesías que preparamos nas aulas con moita ilusión.







Antes de nada, mostramos a nosa zona de exposicións chea de cor e de libros de poesía





Agora, deixámosvos todas estas cousiñas para que poidades ver, escoitar, ler e traballar con poesías.

Por que é importante que leamos e que traballemos con poesías? Gladys Ximena Pérez Llanes da Universidade de Medellín danos as razóns con este fermoso video



Aquí vos deixo para ler unhas cantas poesías moi fermosas:



Agora toca ver e escoitar:

RUBÉN DARIO: SONATINA


UXÍO NOVONEYRA, O poeta do Caurel


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: Nunca reparas en min

UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:


-NUNCA REPARAS EN MIN;

POR ESO VIVO NA RÚA

METIDO NUN CALCETÍN.



ELA FITOUNO ABRAIADA.

DÉRONLLE GANAS DE RIR.

DAQUELA APAGOU A LÁMPADA

E DISPÚXOSE A DURMIR.



POLO DESPREZO DA LÚA,

O RATIÑO ALPORIZADO,

BERROULLLE CON MOITA FORZA:

- XA NON ESTOU NAMORADO!

( Coa música de MAMÁ CABRA)

Ningún comentario:

Publicar un comentario