03/10/2013

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Empeza outubro e con el chegan os días de homenaxear ás Bibliotecas Escolares porque o día 24 é o día internacional das Bibliotecas Escolares. Ollade este video para unha 1ª reflexión:
   

Dende a Biblioteca, temos en marcha varios proxectos dos que vos iremos dando conta:



*Pedimos ás nosas familias unha pequena reflexión sobre a pregunta: E ti, para que les?.... E xa empezan a chegar!! Mirade!!
*Estamos preparando e xa vai polo 4º ano, as SESIÓNS DE CONTACONTOS  nas que o alumnado de máis idade agasalla ós seus compis máis pequenos con breves representacións, este ano de cousiñas de medo....As imaxes sempre son...preciosas!!

*Inauguramos o lugar habitual de exposicións coa valiosa axuda da profe ANA ( foi a encargada do deseño)


* Dende as aulas de 4º, déixannos para reflexionar as PARTES DUN LECTOR e invítannos a visitar o seu blog O BAÚL DE 4º  porque teñen máis noticias sobre Bibliotecas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario