18/05/2013

O NOSO PROXECTO: COÑECE O TEU POBO

Neste último tramo do curso e impulsado pola Biblioteca, alumn@s e profesorado estamos inmersos nun PROXECTO DOCUMENTAL onde investigamos para coñecer mellor o noso pobo. O proxecto titúlase  tal como vedes no cartel COÑECE O TEU POBO e, está desglosado nos seguintes aspectos: 

*XOGOS ANTIGOS
*LAVADOIROS 
*PATRIMONIO RELIXIOSO
*PRAZA DE ABASTOS
*PEIXE SECO
*CASAS INDIANAS
*REDEIRAS

Pouco a poco iremos ensinando o que facemos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario