21/01/2013

FINA CASALDERREY, NOVO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Recibimos con ledicia a nova de que unha escritora de literatura infantil e xuvenil, que tod@s coñecemos e lemos,FINA CASALDERREY(Clica e accederás á súa páxina), é dende o venres 19 de xaneiro, membro numerario da Real Academia Galega. Dende esa institución din que "a súa incorporación supón un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura".




No ano 2008 visitou o noso Centro e deixounos un agasallo en forma de texto que enmarcamos e, ocupa un lugar destacado na nosa Biblioteca. (Se pinchas encima lerás o texto mellor.) 


A súas obras...que dicir delas!, tod@s as coñecemos, as lemos, as recomendamos ó noso alumnado e... a eles tamén lles encantan e os enganchan.A que si? Pincha nas fotos para velas grandes:
EXPOMOS AS SÚAS OBRAS!







NORABOA FINA!!!!PERO...SEGUE ESCRIBINDO PARA NÓS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario