23/04/2012

TAMÉN EN PORTUGUÉS!!

Aproveitando a cercanía do país veciño, PORTUGAL, xorde a colaboración co profesor de portugués do IES A Sangriña  ALBERTO VISO que coordinou unha actividade de FOMENTO DA LECTURA, actividade que levará a cabo a LECTORA que o acompaña neste curso, ANA.

Con recursos variados, lerá en portugués dous contiños que seguro lles van a encantar ós pequechos de INFANTIL. Será o XOVES 26 no Salón de actos. Dende a Biblio damos as grazas tanto a Alberto como a Ana por esta colaboración e esperamos que non sexa a última e invitámosvos a ver as fotos que colgaremos unha vez rematada a actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario