04/02/2012

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!

Xa sabedes que levamos un tempo de obras na Biblio. O Plan de Mellora que nos concederon a finais do curso pasado, fixo posible que tivesemos algúns mobles novos, que se mercasen novos ordenadores, que se renovase o chan da zona de lectura, que teñamos novos libros... Pronto poremos unhas fotos para que estas novidades sexan visibles para as nosas familias que tanto e tan ben colaboran con nós.

Para "darlle a benvida a estes cambios", faremos a vindeira semana na HORA DE LER unha proxección dun contiño por ciclos. Cada día iremos colgando no blog a proxección que toque para que sexa unha sorpresa. 

A orden de cursos será a seguinte:

*MARTES 7: EDUCACIÓN INFANTIL: CLICAR:
OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO É UNHA BIBLIOTECA

*MÉRCORES 8: 2º CICLO: CLICA: A POTA QUE TROTA

*XOVES 9:: 1º CICLO A CEBRA CAMILA

*VENRES 10: 3º CICLOA MAIOR FLOR DO MUNDO  de JOSÉ SARAMAGO 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN PORQUE ADEMÁIS, TEREDES UNHA RICA SORPRESA!!!!!!!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario