10/01/2012

DÍA DA PAZ


O 30 de xaneiro é o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR. Dende a Biblioteca, pómonos en marcha para commemoralo. Así que o primeiro foi selecionar unha chea de libros que baixo o título de LIBROS PARA A PAZ, temos expostos ó ladiño do noso Pepiño e que seguro que vos farán reflexionar moito.
Tamén vos deixamos uns LIM, xa sabedes, eses libriños cheos de actividades cos que tanto se aprende!

ENTRE TODOS CONSTRUIMOS A PAZ feito magnificamente por ANA MARTINEZ REY a que recurrimos tantas veces e que agradecemos eniormemente que comparta o seu traballo.

LIBRO COLABORATIVO SOBRE A PAZ  no que colaborou BELÉN JUNQUERA á que tamén recurrimos a miúdo e a que tamén agradecemos o seu esforzo.

Por último, engadimos a canción de MAMÁ CABRA: "O mundo é grande" que tan ben maquetou a nosa compañeira BELÉN JUNQUERA  CASA DE TOL@S e que cantaremos tod@s xuntos o día da PAZ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario