17/10/2010

SAMAÍN

Chega o outono e con él as castañas, e as cabazas, chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e empeza o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
                                p://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html

A Biblioteca do C.E.I.P Mestres Goldar, elaborou este vídeo coa letra de Mamá Cabra.   DISFRÚTÁDEO......



Ningún comentario:

Publicar un comentario