24/09/2010

HORA DE LER

 Co inicio do novo curso, establécese un tempo adicado á lectura silenciosa do alumnado e profesorado de todo o Centro. Este tempo rexerase polas seguintes normas:
  • A Hora de Ler,desenvolverase durante o tempo fixado no horario, despois do recreo, de forma silenciosa, nun texto elexido libremente polo alumnado e o profesorado sen pedir nada a cambio.
  • Durante este tempo, alumnos e profes, non poderán facer deberes nin outra cousa distinta a actividade de lectura libre e silenciosa.
  • Na aula haberá un lugar específico onde estarán colocados os libros de cada alumno/a con cadanseu marcapáxinas, non podendo cambialo ata que este rematado o que estea lendo.
  • Os libros poderán ser elexidos dos fondos da Biblioteca, ou traídos polo alumnado.
  • En E. Infantil e no 1º Ciclo, o profesorado organizará este tempo, podendo ser eles os que lean en alto ó alumnado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario