8 de xuño de 2018

Recoñecemento para os axudantes

Ata aquí chegou o curso.

Este martes fixemos entrega dun diploma e uns agasallos aos nosos axudantes, en recoñecemento de todo o seu traballo levado a cabo durante este curso 2017-2018!!!

Foi fantástico contar convosco!!!



Moitísimas grazas e a disfrutar do verán!!!





Paula Carballeira




Case rematando o curso, pero non as sorpresas!
Imos con algo de atraso, xa que foi o pasado venres cando tivemos a sorte de ver a Paula Carballeira os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.






Todas as visitas de autores son especiais, pero esta foi moi diferente.
Descubrimos que Bruxa e familia é un paralelismo coa vida de Paula, e todo iso vímolo grazas á súa capacidade interpretativa como boa actriz que é. 
Velaquí vos deixamos algunha foto para que vexades o pampos que estabamos!





28 de maio de 2018

Enquisa para mestres 17-18

Un ano máis deixamos a enquisa de valoración para así poder recoller as vosas opinións e suxestións, xa por adiantado aproveitamos para darvos as grazas por emplear uns minutos en cubrir o cuestionario.

GRACIÑAS



Enquisas para o alumnado 17-18

Un ano máis pedimos a vosa colaboración coa intención de mellorar e adaptarnos ás vosas ideas e suxestións.
Deixámosvos a enquisa para que valoredes os traballos realizados este ano e as diferentes actividades que se desenvolveron.

Moitas grazas rapazada



22 de maio de 2018

Muriel

Hoxe os nenos e nenas de 5º EP tiveron a gran sorte de estar con María Canosa, presentando este libro que tanto lles gustou, Muriel.


Estivemos a preparar unha boa benvida, e deixámola abraiada cun mural con ilustracións e opinións sobre a súa obra. 



Como gran sorpresa preparámoslle un corredor cos nosos libros de Muriel, que tanto lle fixo sorrir.



 Respondeunos a todo o que preguntamos e...ademais desvelounos algún segredo da elaboración do libro e tamén das novas ideas que ten.... Non podiamos deixar de mirar para ela!




Unha das mellores cousas? Poder ter os nosos libros coa súa dedicatoria!

Foi unha experiencia fantástica e inesquecible. 



Se queredes ver máis sobre todo o traballo previo, visitade o baúl de quinto!


Preparando a visita de María Canosa


Preparando unha visita moi especial


A creadora de historias: María Canosa

4 de maio de 2018

Novidades maio

E co mes de maio chegan as últimas novidades deste curso, esperamos que vos gusten!



2 de maio de 2018

O cociñeiro Martiño

Que privilexio!!!

Este ano temos unha morea de visitas na nosa biblioteca!!


Pero visitas moi moi especiais!!!

O venres tocoulle a IAGO LÓPEZ, o autor de...



Aos rapaces de primeiro seguro que lles sona esta historia.


Pasámolo pipa con Iago e aquí tedes unha pequena mostra delo.












Os alumnos/as de primeiro levan meses traballando este conto e non quixeron despedirse sen ensinarlle a súa representación...cambiaron as tornas desta volta Iago!



Quen será o próximo autor ou autora que virá a vistarnos,..??? 


Estade atentos porque seguiremos informando.