1 de abr. de 2017

Poesías do mundo

Onte celebramos o Día da poesía, e fixémolo de xeito moi internacional...


con POESIAS DO MUNDO.



Aquí vos deixamos a recopilación de todas as poesías interpretadas polos nosos alumnos/as. 



E mirade algunha das fotiños que van quedar para o recordo!!


Proximamante publicaremos os vídeos das súas intepretacións...


Estade atentos/as

29 de mar. de 2017

Unha viaxe a Australia


Os rapaces e rapazas de Infantil de 5 anos levan todo o curso viaxando por Australia.


Percorreron unha morea de quilómetros nos que foron descubrindo lugares fascinantes, cheos de encanto, os  animais propios do país, os deportes que practican, curiosidades...

Agora queren compartilo con todos nós.


Non deixes de velo!!!

Contos do mundo: Senegal



Onte os alumnos/as do IES de 2º da ESO B-C bilíngüe viñeron ó noso cole a contarnos unhas historias de Senegal coa súa profe Isa de lingua castelá.

E acompañados con música... dirixidos pola súa profe Nuria.




Pero atención!!! Porque o protagonista das súas historias era un DRAGÓN!!!! 

Que medo!!!


Deixámosvos, como xa é costume, unha recopilación de imaxes, para que vexades o divertido que foi!!!


28 de mar. de 2017

Viaxamos a Italia

Os nenos e nenas de catro anos do noso cole, este ano viaxan a ITALIA, hai tempo que teñen as súas maletas preparadas para a súa viaxe.

Aquí vos mostramos os seus preparativos.



Van ter unha viaxe inolvidable!!!

25 de mar. de 2017

Rehabilitando libros

Hoxe, día de choiva na hora do patio, tivemos congregación de axudantes na biblioteca.

E que fixemos? 



Pois sacamos os libros que estaban maliños para restauralos e volver a polos en circulación.




Os axudantes traballaron arreo... Mirade!!!




 


Con outro día de traballo así o noso Hospital de libros quedará baleiro.

BRAVO RAPACES/ZAS!!!

22 de mar. de 2017

Mulleres do mundo


Durante este mes de marzo varios cursos do noso centro estiveron investigando sobre unha muller importante do seu país (Suecia, China, Italia, Exipto...) co obxectivo de conmemorar o día 8 de marzo: Día internacional da muller traballadora.




Dende onte podemos disfrutar dos seus traballados na entrada do noso cole.

Pasade a velos!!!

21 de mar. de 2017

Un becho estraño

Hoxe en BiblioPepiño non tivemos Contos do Mundo... 


Pero tivemos unha visita moiiiii estraña.



Lembrades que os axudantes da biblioteca estaban facendo cousas moi raras con papeis de periódico?






















Pois hoxe saímos de dúbidas e presentáronlle aos alumnos/as de educación infantil, un novo libro que a partir de mañá estará na biblioteca.



Imos ver o que fixeron:






Aos pequerrechos do cole encantoulles porque ó final eles tamén contaron o conto!!!


Esperemos que estes axudantes continúen facendo cousas así de divertidas!!!