29 de maio de 2025

ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO

 O noso proxecto de centro chega ao seu fin.

Toda a nosa comunidade educativa colaborou activamente na elaboración deste recetario internacional.

Animádesvos a probar as receitas nas vosas casas???

Se é así, podedes enviarnos as vosas fotos ou etiquetarnos en instagram!

BO PROVEITO E GRAZAS FAMILIAS

25 de maio de 2025

ENQUISA DE AVALIACIÓN: FAMILIAS

 O curso vai chegando ao seu fin.

Este ano centramos a nosa labor en adquirir novos fondo, expurgar e introducir o noso catálogo na nova plataforma de xestión. Agora e tempo de memorias, de analise e valoración de propostas para o próximo curso 2025-2026, e para iso precisamos da vosa axuda.

Agradecemos enormemente que cubrades a seguinte enquisa, en relación a todo o desenvolvido neste curso 2024-2025.

GRACIÑAS POLO VOSO TEMPO!

21 de maio de 2025

MES DAS MATEMÁTICAS

Para conmemorar o mes das Matemáticas, en BiblioPepiño tivemos obradoiros de xogos de mesa durante algúns recreos do mes de maio co alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de Educación Primaria. 

Nestes obradoiros, traballamos os conceptos matemáticos dun xeito manipulativo e moi divertido e ademáis damos a coñecer algúns dos xogos do recuncho matemático da biblio.

Os xogos utilizados para estes obradoiros foron:







20 de maio de 2025

A SANGRIÑA OPINA... MELLORAS NA ESCOLA

 Non deixedes de escoitar o novo capítulo de....


Intentaremos telas en conta de cara a próximos cursos!

14 de maio de 2025

RECURSOS CREATIVOS

 En BiblioPepiño seguimos ampliando a oferta de recursos a disposición do noso alumnado.

Acabamos de renovar os nosos carriños creativos.


Neles podedes atopar material para:

LETTERING


COLOREAR


PULSEIRAS

Recuncho de pulseiras

ACUARELA



É moi importante seguir as normas de uso para coidar os materiais.




5 de maio de 2025

CONTOS EN FAMILIA

 Un ano mais as lecturas en familia volven a nosa escola.


Durante o mes de maio poderedes concertar cos vosos titores diversas quendas para visitar as nosas aulas e contarnos o voso conto ou historia favorita.

Queremos recordar a importancia da lectura compartida como elemento fundamental de inter-relacións, ademais de que é mais que recoñecido o beneficio de cara ao desenvolvemento da comprensión, e producións verbais.

Agardamos vervos polo cole!




1 de maio de 2025

OBRADOIROS TERCEIRO TRIMESTRE

 O terceiro trimestre ven cargadiño de obradoiros do mais creativo:

Como xa é tradición no mes de maio celebramos o mes das matemáticas e contaremos con obradoiros de xogos matemáticos para os mais pequechos.

Aquí tedes as quendas!

Por outra banda os maiores do cole poderán desfrutar deseñando e creando en 3D, preparados para o obradoiro?

Vémonos nas seguintes quendas:


Para a semana comezamos!