16 de xuño de 2025
SABOOORRRR!!!
PEPILECTURAS ALUMNADO
O pasado venres a rapazada de Pepilecturas desprazouse a Baiona para desfrutar dunha sesión de lecer!
Durante a mañá visitaron a réplica da carabela Pinta.8 de xuño de 2025
PEPILECTURAS familias
Pepilecturas de familias está a piques de pechar por este curso.
No seguinte video podemos demostrar que foi un ano cargado de grandes lecturas e o máis importante, cargado de grandes conversas e emocións compartidas.
Pero antes de rematar faremos unha nova quedada para recomendarnos lecturas frescas para este verán.
Queredes saber cales serán? Estade atentos/as!
VOLVEMOS EN SETEMBRO!
5 de xuño de 2025
PRÉSTAMO DE VERÁN 2025
Hoxe o noso alumnado leva a autorización para participar no préstamo de verán para este ano 2025.
O prazo para devolver a autorización asinada remata o martes 10 de xuño.
A devolución dos libros levados en préstamo realizarase no mes de setembro os días 3, 4ou 5, antes de comezar a actividade lectiva.
Desfrutade moito das lecturas!
4 de xuño de 2025
AS FAMILIAS CONTAN!
Un ano mais as familias entraron nas nosas aulas para compartir lecturas co alumnado do cole, dentro do noso programa: AS FAMILIAS CONTAN
É unha ledicia ver como a nosa rapazada se emociona cando o seu pai, a súa nai, avoa, curmá... ven ao cole a compartir con nos unha historia dos andeis das súas casa.
OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D
Durante o mes de maio o alumnado de cuarto a sexto de educación primaria participou nun obradoiro de impresión 3D.
Cada alumno diseñou o seu chaveiro no programa Tinkercad e posteriormente imprimimos na nosa impresora Creality obtendo estes marabillosos resultados.2 de xuño de 2025
MIGUEL ALONSO EN PEPILECTURAS 4º de Primaria
O alumnado de Pepilecturas tivo a sorte de compartir con Miguel Alonso Diz unha xornada relacionada co seu club de lectura.
Miguel Anxo é o autor do libro:
E durante unha horiña explicoulle á nosa rapazada como xurdiu este libro.
A sesión rematou cunha entrevista en "Pepiño nas Ondas" que podedes escoitar no noso iVoox.
MIGUEL, GRAZAS POLA TÚA AMABILIDADE E SIMPATÍA!
VÉMONOS PRONTIÑO!
AS MOCHILAS VIAXEIRAS VOLTAN Á BIBLIO
Acércase o final de curso e as nosas mochilas viaxeiras retornan a BiblioPepiño cargadiñas de experiencias.
Deixamos a recopilación de todas as vosas valoracións, así como dos vosos pratos preferidos:
CUARTO DE INFANTIL
PRIMEIRO DE PRIMARIA
29 de maio de 2025
ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO
O noso proxecto de centro chega ao seu fin.
Toda a nosa comunidade educativa colaborou activamente na elaboración deste recetario internacional.25 de maio de 2025
ENQUISA DE AVALIACIÓN: FAMILIAS
O curso vai chegando ao seu fin.
Este ano centramos a nosa labor en adquirir novos fondo, expurgar e introducir o noso catálogo na nova plataforma de xestión. Agora e tempo de memorias, de analise e valoración de propostas para o próximo curso 2025-2026, e para iso precisamos da vosa axuda.
Agradecemos enormemente que cubrades a seguinte enquisa, en relación a todo o desenvolvido neste curso 2024-2025.
GRACIÑAS POLO VOSO TEMPO!
21 de maio de 2025
MES DAS MATEMÁTICAS
Para conmemorar o mes das Matemáticas, en BiblioPepiño tivemos obradoiros de xogos de mesa durante algúns recreos do mes de maio co alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de Educación Primaria.
Nestes obradoiros, traballamos os conceptos matemáticos dun xeito manipulativo e moi divertido e ademáis damos a coñecer algúns dos xogos do recuncho matemático da biblio.Os xogos utilizados para estes obradoiros foron:
20 de maio de 2025
A SANGRIÑA OPINA... MELLORAS NA ESCOLA
Non deixedes de escoitar o novo capítulo de....
Intentaremos telas en conta de cara a próximos cursos!
14 de maio de 2025
RECURSOS CREATIVOS
En BiblioPepiño seguimos ampliando a oferta de recursos a disposición do noso alumnado.
Acabamos de renovar os nosos carriños creativos.
Neles podedes atopar material para:
LETTERING
É moi importante seguir as normas de uso para coidar os materiais.
5 de maio de 2025
CONTOS EN FAMILIA
Un ano mais as lecturas en familia volven a nosa escola.
Durante o mes de maio poderedes concertar cos vosos titores diversas quendas para visitar as nosas aulas e contarnos o voso conto ou historia favorita.
Queremos recordar a importancia da lectura compartida como elemento fundamental de inter-relacións, ademais de que é mais que recoñecido o beneficio de cara ao desenvolvemento da comprensión, e producións verbais.
Agardamos vervos polo cole!
1 de maio de 2025
OBRADOIROS TERCEIRO TRIMESTRE
O terceiro trimestre ven cargadiño de obradoiros do mais creativo:
Como xa é tradición no mes de maio celebramos o mes das matemáticas e contaremos con obradoiros de xogos matemáticos para os mais pequechos.Aquí tedes as quendas!
Por outra banda os maiores do cole poderán desfrutar deseñando e creando en 3D, preparados para o obradoiro?Vémonos nas seguintes quendas:
Para a semana comezamos!
24 de abr. de 2025
APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO
Celebramos o día do libro facendo lecturas compartidas.
Aproveitando que saiu o sol saímos ao patio a compartir historias entre padriños/madriñas e afillados/afilladas.
Ademais este ano intercambiamos diferentes deseños de marcapáxinas de BiblioPepiño como recordo do tempo compartido.
A SANGRIÑA OPINA... DO CLÁSICO
No episodio desta semana falamos de... FÚTBOL
Os rapaces de 4º EP fálannos do seu equipo favorito: Real Madrid así como do seu xogador histórico favorito.
Por outra banda os rapaces de 3º EP debaten sobre o Barça e táboas clasificatorias.
11 de abr. de 2025
A SANGRIÑA OPINA... PAZTRULLAS
Estamos de estrea!!
Pepiño nas ondas presenta unha nova canle: A Sangriña Opina!
Un programa distendido no que a rapazada nos comenta as súas opinións a cerca dun tema de actualidade no centro.
Comezamos coas PAZTRULLAS:
9 de abr. de 2025
ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO
Boas, familias!
O día do libro está aproximándose! Si, en nada xa é 23 de abril.
Este ano, en base ao noso proxecto, e aproveitando a diversidade cultural que temos no centro, queremos elaborar un
Para poder elaboralo precisamos da vosa colaboración.
Poden ser receitas doces ou salgadas.
Para facérnolas chegar hai dúas opcións:
1. Por unha banda cubrir a receita, en papel, que levará todo o alumnado, para casa.
2. Por outra banda, clicando na seguinte imaxe, poderedes cubrir a receita dixitalmente, colocando toda a información e a imaxe do voso plato.Agradecemos que respetedes a orde das páxinas.En ambos casos a data límite de entrega será o MÉRCORES 30 DE ABRIL.
E xa para rematar gustaríanos saber se poderiamos contar con vos para facer unha degustación culinaria de platos do mundo. Dado que é un proxecto algo ambicioso, agradecemos que cubrades a seguinte enquisa e nos contactariamos con vos para concretar data e como facelo.
1 de abr. de 2025
OBRADOIRO DE FROITAS CON ACUARELA
Durante os meses de febreiro e marzo xuntámonos grupiños de dez durante os recreos para aprender a utilizar a nosa nova adquisición para os carriños creativos de Biblio Pepiño: os lapis acuarelables.
Moitas das nosas nenas e dos nosos nenos xa coñecían a técnica de acuarela pero gustoulles moito coñecer este sistema, no que primeiro debuxaban cos lapis as froitas e despois con pinceis e auga dábanlle o efecto de acuarela.
Inspirámonos en froitas e verduras co obxectivo de ilustrar recetarios e cadernos acorde ao noso PDI.
Aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos dos nosos artistas:
27 de mar. de 2025
CLUB DE LECTURA: FORMIGAS MISIÓN ENTROIDO
No noso segundo club de lectura, quixemos dar un toque diferente e divertido á nosa lectura de Formigas de Andrés Meixide cun Bingo de Palabras. A actividade consistiu en repartir cartóns de bingo cheos de palabras clave do libro, que os participantes debían identificar ao longo da lectura.
Cada palabra ou termo estaba relacionado coas imaxes, emocións ou ideas que o autor transmite nas súas páxinas. Por exemplo, termos como “formigas”, “caos”, “mestre” ou “labirinto” eran algúns dos que os lectores atoparon nas súas tarxetas. A medida que os participantes ían avanzando na lectura, podían marcar as palabras que ían atopando no libro.O obxectivo era completar unha liña ou columna no cartón de bingo e, ao mesmo tempo, afondar na comprensión do libro e nas súas metáforas. A actividade permitiu reflexionar sobre os temas centrais da obra de forma lúdica e dinámica, creando un ambiente interactivo que animou a todos a seguir lendo e debatendo sobre o significado detrás de cada palabra.Ao final, o primeiro en gritar "Bingo!" recibiu un agasallo. Esta actividade axudou a reforzar o noso vínculo como grupo e, sobre todo, a xogar coa linguaxe e as ideas que Andrés Meixide nos ofreceu en Formigas."
26 de mar. de 2025
CLUB DE LECTURA: VAMPIRA DE BIBLIOTECA
As nosas lectoras e lectores xa foron mordidos polo pracer da lectura... coa Vampira de biblioteca!
Na nosa actividade de Bingo Literario que fixemos no Club de lectura, cada participante recibiu un cartón coas casillas cheas de referencias ao libro Vampira de biblioteca. O obxectivo é que os xogadores, a medida que identifiquen as pistas, marquen as casillas correspondentes no seu cartón.Ao longo do xogo, os participantes descubrirán elementos clave da historia de Eleonor, a vampira lectora, desde os seus libros favoritos ata os personaxes máis peculiares da historia. Quen complete unha liña ou columna no seu cartón poderá gritar "Bingo!" e gañará un premio.
Unha maneira divertida de compartir aventuras literarias!!!!
8 de mar. de 2025
RESOLUCIÓN ENTROIDO CHEF
A pasada semana desfrutamos moitísimo coa degustación dos pratos do Entroido Chef.
Os nosos axudantes serviron de xurado para degustar as diversas especialidades presentadas ao concurso.Tras moito debate e unha gran enchenta, resolveron o seguinte veredicto.
AS RECEITAS GAÑADORAS FORON:
Aproveitamos o venres de troula para facer entrega dun pequeno recordo a todos os participantes, e o agasallo aos tres gañadores/as.
4 de mar. de 2025
OBRADOIRO VIA NAI
Si, si, moi saborosas!
Aquí están algunhas imaxes da súa elaboración
28 de feb. de 2025
CALDO DE GLORIA
Para conmemorar o día de Rosalía o equipo de dinamización da lingua galega, en colaboración co alumnado de sexto de primaria, elaborou, para todo o centro un CALDO DE GLORIA.
Coñecimos a súa receita:Dende primeira hora da mañá o cole arrecendeu a patacas, grelos e feixóns...