No marco do noso programa Lectura e Familias e do proxecto de centro Pinceladas na Sangriña, vivimos unha tarde moi especial, BiblioPepiño convertertiuse nun auténtico espazo de creación, encontro e inspiración artística.
Da man da artista Gemma Marqués, alumnado e familias compartiron un fermoso obradoiro artístico no que a creatividade, a expresión plástica e a imaxinación foron as grandes protagonistas. Ao longo da sesión, tivemos a oportunidade de experimentar coa acuarela, descubrindo que a arte tamén é unha forma de comunicarnos, emocionarnos e aprender xuntos.Este encontro permitiunos seguir tecendo lazos entre escola e familias, facendo da lectura, da arte e da cultura un espazo compartido de convivencia e participación. Ademais, esta actividade conecta plenamente co noso PDI Pinceladas na Sangriña, co que continuamos achegando ao alumnado diferentes linguaxes artísticas e persoas creadoras que enriquecen a nosa mirada sobre o mundo.Queremos agradecer especialmente a Gemma Marqués pola súa cercanía, implicación e por guiarnos nesta experiencia tan inspiradora, así como ás familias participantes por acompañarnos unha vez máis nas propostas de BiblioPepiño.Deixámosvos algunhas imaxes desta tarde tan especial... porque crear en familia sempre deixa pegada!




Ningún comentario:
Publicar un comentario