Onte conmemoramos o día da poesía, para o que aproveitamos a hora de ler para facer un recital todo o colexio. Cada aula elixiu unha poesía relacionada coa súa época histórica do proxecto, dende recitar versos, ata cantigas e mesmo fábulas. Primeiro de primaria sorprendeunos conmemorando tamén o día da árbore!
Se queredes saber máis consultade os blogs de cada aula na que de seguro os titores subiran os videos; mentres tanto aquí vos deixo unha breve mostra, millor unha imaxe que mil palabras!
Non todos os días podes decir que visitou a nosa biblio un premio nacional de literatura infantil e xuvenil...pero nós hoxe si! E ademáis desfrutámolo moito, dende que entrou pola porta, a conexión co alumnado de 5ºEP que asistiu foi inmensa. Demostrou que ademáis de ser un grande escritor, leva un gran mestre dentro, e fixo unha visita por e para os nenos, con xogos, cancións, adiviñas, e ata trouxo ó seu amigo Martiño!
Antonio veu presentar o seu libro Poemar o mar, o segundo dunha triloxía baseada no que hoxe descubrimos que é unha auténtica paixón para él, o mar, así como a nosa vila mariñeira. Comentarvos que o alumnado de 5º fixo un libro no que ilustrou cada un dos poemas traballados, e co que o deixaron abraiado, xa que temos grandes artistas nas nosas aulas! Máis abaixo tedes unha breve mostra do mesmo.
Unha pena non poder ensinarvos todo o que vivimos, pero aquí vos queda parte desta xornada tan especial.
Despois do día de onte, gustaríanos ensinarvos todo o que traballamos últimamente. Sabedores da gran importancia feminina ó longo da historia, cada grupo decidiu retratar nun pequeno anaco parte dunha muller relevante da época histórica coa que traballan. Grazas a diversos axudantes que tivemos en todo o proceso, logramos plasmalas nun totem a todas elas! Agora aproveitarémonos del para falar de todas elas.
"As mulleres na historia, importantes dende a prehistoria até a actualidade"