Tal como prometemos, aquí quedan as imaxes. Foi para todos unha fermosa experiencia, padriños, madriñas, afillados, afilladas e mestr@s. O día acompañou, lucía un sol espléndido. O patio quedou "sementado" de nenos e nenas, uns lían, outros escoitaban. Algúns trouxeron agasallos para os afillados que fixeron con moito cariño. En agradecemento a Biblio agasallou a madriñas e padriños cun marcapáxinas, os pequechos tiveron o mellor agasallo...os libros que lles leron.
Co gallo do día mundial do libro 2013 a escritora, narradora,actriz e directora teatral PAULA CARBALLEIRA,agasalla ás Bibliotecas Escolares cun texto ben fermoso para motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro". Aquí o deixamos.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Levamos todo este mes de abril falando de libros, pero sabes COMO SE FAI UN LIBRO?. Aquí queda este interesante documental para explicalo.(Clica nas flechas para velo grande)
Agora que xa o sabemos, abrimos este LIM e imos aprender moito sobre os libros, en primeiro lugar a razón pola que se celebra neste díaLIM: COUSAS QUE DEBO SABER DOS LIBROS
Agora un video: ROBERTO E OS LIBROS, un conto para motivar á lectura.
Aquí vos deixo tamén unha fermosa curta que vos fará soñar....
O 23 de abril, celébrase en todo o mundo o DÍA DO LIBRO.
Dende a Biblio levamos todo o mes adicándollo a distintas cousiñas relacionadas cos libros. Ese día, faremos unha actividade moi especial, chegou o día dos apadriñamentos!
Os nosos nen@s maiores serán os padriños ou madriñas... de quen?, pois dos nosos pequechos que se convertirán nos seus afillados ou afilladas.
Padriños e madriñas,buscarán ó seu afillado (que xa coñecen ), elexirán un curruncho no patio e...a ler!
Deixamos esta revista OLLOS DE AULA, que achega información variada ó redor da educación e busca , segundo nos din os autores "acompañar ás familias na dificil tarefa de educar ós fill@s". É unha publicación mensual e pódese descargar e imprimir. (CLICAR NAS CATRO FLECHAS PARA AGRANDAR)
En abril....libros mil!!! Hoxe, tócalle o turno a este clásico de Lewis Carrol, "Alicia no país das marabillas" que traballou lendo distintas adaptacións e facendo unhas fantásticas creacións plásticas a profe ALICIA co seu alumnado de 6º curso.
Para que vexades que é verdade, aquí vos deixo as imaxes
E, como agasallo para estes rapaces e rapazas despois dun traballo ben feito (e porque ademáis son uns estupendos axudantes desta Biblioteca) aquí lles deixo a peli .
Máis cousas sobre os libros... Para empezar, un pouco de historia nesta magnífica presentación que fixo a profesora Susana Losada. Como iredes descubrindo, o libro non sempre foi un obxecto fácil de adquirir como nos pasa actualmente. Non tedes curiosidade???
Aquí deixamos unha fermosa poesía de (Carmen Gil, www.poemitas.com) ¿QUE ES LEER?
Es viajar, y no en avión,
coche, barco, tren ni moto,
a cualquier lugar remoto,
sin moverte del sillón.
Navegar por el Mar Muerto,
escalar el Himalaya
o una pirámide maya,
ir en camello al desierto…
Es trasladarte al futuro
o pasear de la mano
por el pasado lejano,
sin necesitar conjuro.
Subir a un mamut lanudo,
ver a Cleopatra en su trono
−¡cómo se da pisto y tono!−,
visitar Marte a menudo…
Escuchar con atención
esas historias aladas
que, con palabras calladas,
vuelan hasta el corazón.
Conversar con Gloria un rato
del camello de Melchor,
de un pingüino con calor,
de Chundarata o don Pato…
Es refugio y es consuelo,
como el cálido achuchón
que, con sabor a canción,
te da una nube del cielo.
Llamar al hado Parchís,
que ayuda con su varita
a aquel que lo necesita
si el mundo se vuelve gris.
La lectura es compañera,
esa amiga singular
con la que puedes contar,
hogar que acoge y espera.
E agora, un pouco de música non podía faltar: TAN SOLO CON LERES UN LIBRO de MAMÁ CABRA, baseado nun poema de ANA MARÍA FERNÁNDEZ
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Aquí queda o CARTEL deste ano e a mensaxe en forma de poesía:
Lemos xuntos, ti e eu. Vemos que as letras forman palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios e ríos buliciosos nas súas páxinas, osos que cantan graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos e das nosas mans soben ata as nubes árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas, percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora Traducción: Concha
Blanco
Andersen....quen é? Autor de contos que tod@s coñecemos: "O parrulo feo""O soldadiño de chumbo" "A sereiña"... Para coñecelo mellor, Julia González do CEIP Mestres Goldar achéganos este marabilloso LIM COÑECENDO A ÁNDERSEN