23 de abr. de 2012

TAMÉN EN PORTUGUÉS!!

Aproveitando a cercanía do país veciño, PORTUGAL, xorde a colaboración co profesor de portugués do IES A Sangriña  ALBERTO VISO que coordinou unha actividade de FOMENTO DA LECTURA, actividade que levará a cabo a LECTORA que o acompaña neste curso, ANA.

Con recursos variados, lerá en portugués dous contiños que seguro lles van a encantar ós pequechos de INFANTIL. Será o XOVES 26 no Salón de actos. Dende a Biblio damos as grazas tanto a Alberto como a Ana por esta colaboración e esperamos que non sexa a última e invitámosvos a ver as fotos que colgaremos unha vez rematada a actividade.


22 de abr. de 2012

23 abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Ademáis de clicar aquí  QUE SABEMOS DO DÍA DO LIBRO? para saber máis cousas desta celebración, a Biblioteca presenta durante a semana do 23:

                             CONTOS PARA VER 
Onde? Na Biblio
                 Cando? Na hora de ler
Quen?:

LUNS 23:3º CICLO.Dende a aula de 6º, a PROFE Mª JOSÉ recoméndanos "The fantastic fling Books of Mr Morris Lessmore", un fantástico cortometraxe sobre a xente que adica as súas vidas ós libros e o que estes libros lles ofrecen a cambio. Foi merecedor dun ÓSCAR na categoría de mellor cortometraxe animado.


MARTES 24: 1º CICLO: "Chibos, chibóns".

MÉRCORES 25 . 2º CICLO: "O soldadiño de chumbo."

Irémolos colgando cada día para que sexa unha sorpresa.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

17 de abr. de 2012

LER ESTÁ DE MODA.

Se abrides o video veredes o último invento tecnolóxico...
SORPRENDERASTE!!!!!!!!!!

(EN ABRIL...LIBROS MIL)

14 de abr. de 2012

MÁIS SOBRE OS LIBROS

Agora achegámosvos unha preciosa canción do grupo MIGALLAS  O LIBRO MÁXICO (Clica para ver a letra) coa que seguro que disfrutaredes moito.

13 de abr. de 2012

COÑECENDO MÁIS A ANDERSEN

Quen non coñece a ANDERSEN? Dende O RECANTO DE MICK chéganos este marabilloso LIM  co que poderedes descubrir que SI que coñecedes a Andersen e que SI que lestes moitos dos seus libros.

A que esperas? Non tes curiosidade? CLICA EN ANDERSEN e verás....

Clica agora O TRAXE NOVO DO EMPERADOR outro precioso LIM de Lupe González.

E recordade: EN ABRIL...LIBROS MIL!

10 de abr. de 2012


 EN ABRIL...LIBROS MIL

 Adaptamos este popular refrán para encher este mes de abril de moitísimos libros; libros que iremos expondo no lugar habitual de exposicións para que os/as profes fagan uso deles e cheguen a todo o alumnado do cole.
O día 23, DÍA DO LIBRO teredes algunha sorpresiña na HORA DE LER...xa iremos desvelando o misterio, mentras tanto...
DISFRUTADE DA LECTURA!!!!!!!!!